Comezando polo final

En 2003 recibín a miña primeira cámara dixital, un obxecto polo que devecera dende que unha amiga me amosara a súa. Naqueles tempos, tan afastados en canto falamos de tecnoloxía, aínda tiñan unhas pantallas nas que case non se vía nada pero aínda así, eran fascinantes: a posibilidade de observa-la fotografía feita uns segundos antes e decidir no momento se a querías conservar ou non.
Ó mesmo tempo, foi unha época na que as fins de semana se foron convertendo nunha oportunidade para explorar pequenos espazos só coñecidos por rumores, visitados na infancia ou ancorados na frase “algún día hai que ir aló” que sempre se di cando miras un artigo nunha revista ou nun xornal.
Recibir esa cámara foi a arma perfecta para captar todos eses lugares, as sensacións e as xentes que os arrodeaban. Fóra de Galicia hai tantos espazos agardando por nós, que ás veces non nos decatamos dos misterios que agardan a só uns kilómetros de distancia. Este pequeno blog é un proxecto que tiven en mente dende aquel día, e que, ós poucos, pretendo ir materializando: compartir con vós as paisaxes, castelos, igrexas ou aldeas visitadas nestes anos, que vexades un anaco do mundo que nos arrodea ¡e que vos animedes a descubrilos!
E así remato o 2010, cun pequeno proxecto que toma forma…

Advertisements